Soporte
Que étermi1
termi1 é unha terminal SSH, Mosh e SFTP para o móbil. Serve para administrar servidores desde o peto: sesións que aguantan o cambio de rede, ficheiros integrados e, se queres, unha IA que converte o que ditas nunha orde e escríbea no terminal. Ti escolles que se executa só; o irreversible, nunca.
Contacto
Se tes un problema, unha dúbida ou algo que non encaixe, escribe a:
Responde unha persoa (Samuel). Inclúe, se podes, o modelo do móbil, a versión do sistema e que estabas a facer cando fallou.
Teclado do sistema (iOS)
termi1 pode incluír un teclado do sistema para usalo tamén fóra da app. Non pide Acceso completo.
- Instala termi1 desde a App Store e ábrea polo menos unha vez.
- No iPhone: Axustes → Xeral → Teclado → Teclados → Engadir teclado novo… → elixe «termi1».
- En calquera campo de texto, mantén a icona do globo e cambia a termi1.
- Para frechas e teclas de terminal en texto plano (p. ex. Notas), podes apagar o interruptor «ansi» na fila inferior; nunha terminal déixao aceso.
Este teclado non solicita Acceso completo. iOS non mostra o aviso de que o teclado «pode rexistrar o que escribes» para esta extensión. O que escribes queda no campo da app anfitrioa; o teclado embebido non usa a rede.
Privacidade
Como tratamos os datos está na política de privacidade.