Ir ao contido principal
termi1

SSH · Mosh · SFTP

Os teus servidores, desde o peto

Un terminal SSH, Mosh e SFTP para o móbil. Dille o que queres facer e escribe a orde por ti.

De balde. O terminal enteiro, sen conta e sen límites.

Sesión de terminal SSH en termi1 con cores e teclas de control

Que é termi1

01

Todos os teus servidores, a un toque

Garda as conexións que uses, fixa arriba as de sempre e entra sen volver escribir nada. Con conta séguente a calquera dispositivo; sen conta quedan aquí, e a app funciona igual.

Pantalla de inicio de termi1 con conexións gardadas

02

Un terminal de verdade, non un visor

Cores, teclas de control, desprazamento e a fila de teclas que o teclado do sistema agocha. Mosh mantén a sesión viva cando pasas de wifi a datos ou o metro engole a cobertura. E SFTP integrado: mira, sobe e baixa ficheiros sen saír da sesión nin cambiar de app. Se tes Claude Code, Codex ou Gemini CLI correndo nun servidor, desde aquí ségueos e diríxeos: a sesión aguanta e Production Guard vixía o que executan en produción.

Sesión de terminal SSH en termi1 con cores e teclas de control

03

Dille o que queres e escribe a orde

«Amósame os logs de nginx en vivo» convértese en journalctl -u nginx -f. «Pecha claude e abre agy», en pkill -f claude && agy. A orde escríbese no prompt do terminal, non nun diálogo que se acepta sen ler: vela antes de que pase nada, e ti escolles que se executa só e que agarda polo teu Intro.

termi1 coa IA escribindo unha orde no prompt

O que trae

Da primeira conexión ao último atallo, sen saír da app.

Conectar

  • SSH e Mosh, con sesión persistente en tmux: o que deixas correndo segue alí cando volves.
  • Emparella co teu Mac cun código de seis cifras: a túa chave instálase soa, sen copiar nin pegar.
  • Fóra da casa, con Prialo ou Tailscale: a mesma conexión vale no sofá e no tren.

Na terminal

  • Estado do servidor ao conectar: sistema, tempo activo, carga, memoria e disco.
  • As teclas que o teclado do sistema agocha, con plano fn: F1–F12, PgUp/PgDn, Inicio e Fin.
  • Opcións suxeridas mentres escribes: «ls» ofréceche -la; «git», os seus verbos.

Ficheiros

  • SFTP integrado: mira, sobe e baixa sen saír da sesión.
  • Ordena por nome, data ou tamaño.
  • Vista previa do que o sistema saiba abrir, e copiar a ruta enteira.

Automatizar

  • Atallos de iOS, Siri, botón de Acción e Centro de Control.
  • Production Guard vixía tamén o que lanza un atallo: en produción amósao e agarda.
  • Ditas —e vas lendo o que dis— e a IA escribe o comando para o sistema que teñas diante, Mac ou Linux; e se non a queres, o micrófono quítase cunha caixa.

O teu Mac, a un código

termi1 Companion vive na barra de menús do Mac. Comproba o que fai falta —inicio de sesión remoto, mosh-server, tmux—, emparella o iPhone cun código de seis cifras que instala a túa chave sen copiar nin pegar nada, e avísate cando remata iso longo que deixaches correndo.

Descargar para Mac

macOS 14 ou posterior · asinada e notarizada por Apple · de balde


Unha IA tocando os meus servidores?

Non abre a sesión nin ve as túas chaves: converte o que dis nunha orde e escríbea no teu terminal. Ti escolles entre revisala sempre ou automatizar só o que termi1 recoñece como seguro; Automático seguro vén activado de fábrica.

Ti marcas o ritmo

  • Revisar

    A orde escríbese no prompt sen premer Intro por ti.

  • Automático seguropor defecto

    Só un conxunto limitado de ordes que termi1 recoñece como seguras recibe Intro automaticamente.

Só as ordes recoñecidas como seguras poden recibir Intro automaticamente. Todo o demais require unha acción túa ou bloquéase.

Sabe cando está en produción

Cada conexión leva a etiqueta que ti lle poñas: persoal, staging ou produción. termi1 non a adiviña polo nome do servidor. En produción o asistente vólvese estrito:

  1. Nada recibe Intro só, nin sequera o que Automático seguro executaría noutro sitio.
  2. O que borra, detén ou cambia algo non chega ao prompt: antes ves que é, en que servidor, por que se retivo e unha alternativa de só lectura.
  3. Para escribilo hai que manter premido. E aínda así escríbese sen Intro: lelo antes de executalo.

Protexe o que termi1 escribe por ti: voz, IA e atallos. O que teclas á man vai directo ao servidor, coma en calquera terminal.

E as túas chaves SSH non saen do móbil: podes xeralas aquí, gárdanse no almacén seguro do sistema detrás do desbloqueo do aparello, e o que viaxa ao servidor é só a metade pública.


As 100 primeiras prazas

AI+ gratis ata o 31 de outubro de 2026, con insignia de fundador e desconto para sempre cando empece a cobrarse. Cincuenta ordes con IA ao mes, que se renovan.

Despois: 2,99 €/mes ou 19,99 €/ano. Sen AI+ a terminal segue sendo gratis e completa, con tres ordes con IA ao día se entras con Apple ou Google.


Novas